top of page

AS/OS PROTAGONISTAS

Co-creadoras/es do proceso:

450 estudantes de entre 3 e 12 anos e as súas familias, profesorado e persoal de servizos do CEIP Isidro Parga Pondal

Equipo docente-investigador da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña (UDC)

Equipo de apoio, terapeutas ocupacionais voluntarias

Estudantes do Grao en Terapia Ocupacional da UDC

Equipo docente-investigador colaborador, da Facultade de Ciencias da Educación da UDC

Captura (2).JPG

O EQUIPO

Esta aventura comeza coa reflexión da Orientadora do CEIP Isidro Parga Pondal, Noa Vedia Baliñas, e a terapeuta ocupacional, profesora da Facultade de Ciencias da Saúde, da UDC, Natalia Rivas Quarneti. A potencial colaboración entre ambas institucións cristalízanse cando se identifica a necesidade de intervir nos patios, xa demandada polas familias, quenes apoian o proxecto dende o principio e durante todo o proceso.

A partir de ahí comezan distintas conversacións e establecemento de alianzas entre ambas institucións para levar a cabo este proxecto participactivo.

Nun inicio, o desenvolvemento metodolóxico do proxecto corre a cargo da docente da UDC. Pouco a pouco, buscase crear un equipo que colabore no desenvovemento e execución deste proxecto ambicioso.

Actualmente, o equipo está composto por:

  • Natalia Rivas Quarneti, coordinadora xeral do proxecto, encargada de liderar o proceso para o patio de primaria, as familias e o profesorado.

  • Inés Viana Moldes, profesora da Facultade de Ciencias da Saúde, da UDC,encargada de liderar o proceso para o patio de infantil, as familias e o profesorado.

  • Noa Vera Baliñas, orientadora do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, responsable da coordinación no centro e co equipo da universidade.

  • Marta Canabal López, terapeuta ocupacional, voluntaria no proxecto, co-responsable do traballo de campo primaria, infantil e profesorado.

  • Silvia Veiga Seijo, terapeuta ocupacional, voluntaria no proxecto, co-responsable do traballo de campo infantil, primaria e  profesorado.

  • Sonsoles Mosteiro Sigüenza, terapeuta ocupacional, voluntaria no proxecto, colaboradora no traballo de campo primaria e infantil.

  • Lilian Magalhaes, terapeuta ocupacional, docente e investigadora Universidade Federal de Sao Carlos, Brasil, experta en procesos participativos e asesora internacional do proxecto.

Ademáis, contamos no equipo con tres docente e investigadores da Facultade de Educación, da UDC, do Departamento de Didácticas Específicas y Métodos de Investigación y Diagnóstico en Educación. que colaborarán na avaliación dos cambios antes e despois da intervención no patio:

  • Miriam Carretero García

  • Raúl Fraguela Vale

  • Lara Varela Garrote

IMPLICACIÓN DA COMUNIDADE

Ademáis da iplicación d@s co-creadores participando en actividades, reunións, aportando ideas, materiais (por exemplo: prestando cámaras)  enerxía e ilusión! É necesario destacar a implicación de diversos axentes da comunidade é unha parte imprescindible deste proxecto, supoñendo isto unha fortaleza do mesmo.

bottom of page