top of page
O proxecto

A infancia e a adolescencia son períodos fundamentais:

  • Establécense os cimentos para a saúde e o benestar do resto do ciclo vital (Organización Mundial da Sáude, 2003).

  • É unha etapa clave como cidadás e cidadáns dun mundo global que afronta retos e oportunidades diferentes ós de xeracións pasadas.

 

A participación en actividades significativas, dacordo ao desenvolvemento e contextos, alén das situacións que se vivan (diversidade funcional, cultural, económica, etc.) é fundamental para alcanzar o máximo potencial coma persoas pero tamén como comunidade e ciudadanía, con retos e oportunidades locales.

 

O colexio é un espazo fundamental para estas actividades: persoal e colectivamente, nas aulas, patios, e outros espazos de convivencia.

Dende a terapia ocupacional, búscase "capacitar á xente para participar nas actividades da vida diaria (…) [Para iso búscase] mellorar a súa habilidade para participar nas ocupacións que queren, necesitan ou se espera que fagan, ou [se modifica] a ocupación ou a contorna entorno para apoiar a súa participación ocupacional” (orixinal en inglés) (Federación Mundial de Terapeutas Ocupacionais, 2012).

Isto ten un impacto positivo na saúde (benestar físico, mental e social) e tamén nos dereitos ocupacionais e humanos.

Por que transformar os patios do cole?

 

  • Necesidade expresada pola comunidade: profesorado, familias, etc.

  • Oportunidade de aprendizaxe, promoción da saúde e transformación social

 

 

Que nos inspira?

 

  • A cidade das/os nenas/os, Francesco Tonucci,

 

  • Cidades amigables cos nenxs, Fondo de las Naciones Unidas para la Infancia (UNICEF)

 

  • Creando escolas seguras e inclusivas para tod@s @s nen@s e familias

 

  • Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), Nacións Unidas:

​​

​​

​​

Bosquejo Flecha hacia abajo

Como?                

 

    Entre todas e todos, coas nenas e nenos no centro

 

Empregando metodoloxías participativas de desenvolvemento comunitario

 

Adaptación da metodoloxía fotovoz –ver aquí ou aquí exemplos- que ten sido empleada nun colexio en Pontevedra- ver experiencia aquí- e noutros lugares - ver aquí.

Este proxecto participativo consiste en que toda a comunidade educativa (nenas e nenos, familias, profesorado e profesional de administración e servizos) pode re-pensar os patios do noso colexio. 

 

  • A 1º parte do proxecto consistíu na planificación e invitación para a participación, e tivo lugar durante o curso 2017-18.

 

  • A 2ª parte do proxecto tivo lugar no 1º trimestre deste curso 2018-19. A través do Fotovoz, empregando a fotografía, alumnado, profesorado, persoal non docente e familias, reflexionamos sobre o que gusta e o que non gusta do patios, e sobre como melloralos.  

 

  • Na 3º parte, na que nos atopamos actualmente, estamos reunindo todos os datos para poder presentalos á Comunidade educativa e tomar decisións entre todas/os con respecto ás prioridades de actuación. Proximamente colgaremos na web do cole o enlace á web do proxecto, na que poderedes ver parte do traballo que xa se fixo e informarvos das novidades, participar, etc.

 

  • Os cambios se producirán nunha 4º etapa, e serán froito non so de cartos que se poidan conseguir para tal fin, senon sobre todo de habilidades, tempo e ideas que desde toda a Comunidade Educativa poidamos aportar.​​

Estudo investigación:

 

“As actividades no patio: fotovoz para a transformación colectiva dos espazos para @s nen@s”

O estudo se realiza coma parte do proxecto “Transformando patios” do CEIP Isidro Parga Pondal, recollido nesta web.

O equipo investigador, encárgase de levar a cabo este proxecto dentro da súa labor coma investigadoras da Universidade da Coruña.

O obxectivo do estudo é describir a participación en actividades durante o tempo do recreo no patio, así coma os elementos que facilitan e dificultan participar nelas dende a perspectiva dos grupos implicados (alumnado, profesorado, familias, persoal de administración e servizos). Asemade, búscase describir as prioridades e as ideas de transformación do patio dende a perspectiva dos grupos implicados.

Este estudo, pretende primeiro, visibilizar os elementos que fomentan e dificultan a participación en actividades significativas. Logo, dende este diagnóstico conxunto construír, coa comunidade educativa, as ideas e alternativas para a súa transformación e fomentar así a participación en actividades significativas, saudables e inclusivas.

Polo tanto, búscase xerar coñecemento específico, que contribúa a cambiar e mellorar o patio do CEIP Isidro Parga Pondal, pero tamén coñecemento transferible a outros contextos, que contribúa á reflexión e transformación doutros patios, a promoción da saúde e a inclusión d@s nen@s en diversos contextos e informar á profesionais do eido educativo, social e sanitario.

Os datos empregados son os xerados a través do proceso participativo en marcha, presentado nesta web e autorizado polo CEIP Isidro Parga Pondal ao longo do curso 2017/2018 e 2018/2019. Todos estes datos están anonimizados, é dicir, é imposible tanto para o equipo investigador coma para calquera outra persoa, identificar quén xerou os datos (por exemplo: de quén é qué foto ou comentario, as respostas ás preguntas da plataforma web, etc.). Este anonimato preservarase ao longo de todo o estudo, de tal xeito que en ningunha das etapas se poda identificar aos participantes.

Se por algún motivo, non desexase que os seus fill@s ou vostede participase no estudo comprendido neste proxecto, por favor contacte antes do 13 de maio de 2019, con: natalia.rivas.quarneti@udc.es

De non contactar neste período, enténdese que se da a conformidade para a participación neste estudo, así coma potenciais usos secundarios (empregar os datos para futuras investigacións relacionadas).

A participación non supón riscos para os participantes. O beneficios directos da participación son os relacionados con ser parte dun proceso de transformación colectiva (aprendizaxe para as partes implicadas, potencial empoderamento), as accións de transformación do patio que se leven a cabo como consecuencia deste proceso, e beneficios xerais para outras persoas vivindo situacións similares.

Este proceso participativo, así coma a investigación relacionada, serán empregados en actividades de difusión (presentación en congresos, publicacións científicas, etc. ) e docentes (uso para a docencia na universidade, formación específica para persoal do eido da educación, social ou socio-sanitario, etc.).

 

Se desexan máis información sobre esta investigación, poden contactar con: Natalia Rivas Quarneti: natalia.rivas.quarneti@udc.es

 

Moitas gracias pola súa colaboración

IMG_20181030_113801_edited.jpg
bottom of page