top of page

OS RESULTADOS

1.- Participación e implicación

Ás veces os resultados, non son visibles á primeira vista. Por exemplo, neste proxecto, un gran resultado é a participación de tantas persoas no proceso (as nenas e os nenos, o profesorado, o departamento de orientación e o equipo directivo do cole, o persoal de servizos, as familias, a ANPA, o equipo de terapia ocupacional, o equipo de educación da UDC, comercios locais, etc.)

UN GRAN EQUIPO

2.- Reflexión e ideas

Nestes meses, todas as persoas implicadas fomos reflexionando, compartindo e aprendendo a ver os espazos doutra forma. Imaxinar outros mundos posibles é un exercicio de apredizaxe fundamental para a nosa vida cotiá.

Desta forma xeramos moitísimas ideas do que se pode facer nos patios.

Bosquejo Flecha hacia abajo

3.- Visibilización do noso proceso

Temos traballado con fotografías e agora a web. Isto permite que todas/os esteamos ao tanto do traballo do resto de equipo, pero tamén, comunicar o noso proceso, as nosas inquietudes e as nosas propostas de mellora ao resto do mundo!

Para entender mellor as fotos do proceso tedes que saber cómo as sacamos (ver máis abaixo)

PATIO PRIMARIA

En cada aula, as nenas e os nenos traballaron en grupos. Primeiro reflexionaron sobre unha cousa que lles gustaba facer no patio e outra do que non. Logo, coma "reporteiras/os" saíron ao patio a sacar as fotos que representasen o que tiñan acordado. Ao voltar, explicaron o porqué das súas fotos.

Ao día seguinte, colocaron as fotos nos murais, explicando ao resto da aula o que fixeron.  Posteriormente, e votaron cos gomets, aqueles elementos que se "deberían cambiar primeiro". Con toda esta información os grupos pensaron como poderían transformar o patio. Plasmaron as súas ideas nuns debuxos que tamén foron colgados no mural e compartidos co resto de compañeir@s e profes presentes.

PATIO INFANTIL

En cada aula, as nenas e os nenos realizaron un debuxo individual sobre o que máis lles gustaba facer no patio e o que menos. 

Despois, traballamos en grupos para compartir cada un dos debuxos e o seu significado. En grupo, reflexionaron e decidiron a qué lle ían sacar a foto do que lles gustaba e do que non, e saíron ó patio como "reporteiros/as". 

Para o día seguinte, realizaron un debuxo grupal sobre cómo transformarían o patio, isto é, como sería o seu patio ideal. Explicaron as fotos tomadas no día anterior e o debuxo colectivo. Logo, cada grupo creou unha cartulina onde pegaron os debuxos individuais e colectivos, e as fotografías. 

No último día, colocáronse as cartulinas de cada grupo nun mural e as nenas e os nenos votaron con gomets aqueles elementos que se "deberían cambiar primeiro". 

Bosquejo Flecha hacia abajo
Bosquejo Flecha hacia abajo

Resumo prioridades identificadas pol@s nen@s, @s profes e as familias

Tras facer a análise dos datos, así coma o member-check (comprobación por parte das persoas participantes) se sintetizaron as prioridades de transformación propostas. Con toda esta información se fixeron varias reunións e se comezou a planificar a implementación dos cambios (ver fase 3, pasos 7 e 8)

bottom of page